Tuesday 07 de May de 2024

O mércores finaliza o prazo para solicitar a concesión municipal da cafetería do Parque das Trece Rosas


Está aberto ata este mércores 22 de novembro o concurso público dirixido a profesionais da hostalería para a concesión municipal da cafetería do Parque das Trece Rosas.

Os pregos técnicos e administrativos están pendurados da Plataforma de Contratación do Estado. Aquelas persoas ou empresas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao departamento de Contratación chamando ao 981610000.